Marqués de Figueroa renovará beirarrúas

Marqués de Figueroa renovará beirarrúas

14 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A renovación das beirarruas nun tramo da avenida Marqués de Figueroa incluense no Plan de Obras e Servizos do 2014. As actuacións comezarán neste verán, segundo o alcalde de Fene Gumersindo Galego. O Pleno da Corporación aprobou os proxectos en decembro do 2013

Os proxectos aprobados cun orzamento de 252.065,36 euros, consisten na reposición do firme nos camiños do Revolto en Barallobre, Boado en Maniños e A Xunqueira en Magalofes. Tamén se aprobou o proxecto de mellora da seguridade viaria na marxe esquerda da Avenida Marqués de Figueroa en Perlío, que supoñerá a substitución da rede de pluviais, alumado, mobiliario urbano, sinalización, reposición de bordos na beirarrúa con axuste da ubicación da parada de autobuses, substitución do pavimento da beirarrúa e reposición do pavimento da calzada afectado polas obras. A actuación afectará ao tramo situado entre o estanco e o economato de Astano, pero na beirarrua de enfronte, indo cara Barallobre a man esquerda.

Sociedade