Mato e Mosquera visitan a residencia de maiores de Caranza

Mato e Mosquera visitan a residencia de maiores de Caranza

21 de Xullo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As conselleiras de Sanidade e de Traballo e Benestar, Rocío Mosquera e Beatriz Mato, visitaron esta mañá a residencia mixta de maiores de Caranza. Alí, a titular de Sanidade destacou que dende xaneiro deste ano, grazas á modificación do decreto de acceso á historia clínica electrónica, é posible que os facultativos destes centros públicos poidan acceder á historia clínica do propio paciente para consultala ou esc

Isto redunda nunha mellor atención aos residentes, ao permitir o acceso a probas complementarias e interconsultas con especialistas hospitalarios, e beneficia  ao sistema xa que optimiza as probas e derivacións hospitalarias, evitando duplicidades e axustando tratamentos.

Ademais das novidades da xestión, Benestar segue traballando para aumentar e optimizar as infraestruturas sociais da comunidade.
Este compromiso de mellora das instalacións ten a súa proba na residencia de Caranza, na que se vai acometer unha reforma para convertela nun espazo “máis cómodo e de maior calidade”. As obras, cun investimento de 1,4 millóns de euros, mellorarán as condicións de habitabilidade, seguridade e comodidade.

Sociedade