Medio século co corazón “al vent”

Medio século co corazón “al vent”

08 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Malia que foi editada en disco no ano 1963, conta Raimon que el xa cantaba ao vento hai medio século, cando tiña 19 anos. Na fin da adolescencia e, se cadra da inocencia, en 1959, o cantautor valenciano escribiu “Al Vent”. O zoar do aire na faciana, tal e como canta no primeiro verso, evoca unha fonda sensación de liberdade, xusto o que precisaba unha mocidade que aínda había aturar por moitos anos a sombra do franquismo.

Así, co paso dos anos, “Al Vent”, dous minutos ben simples, pero ben potentes, convertéronse nun canto de resistencia e no símbolo dunha xeración que decidíu cantar o que non se podía ler na prensa. Celébrase o medio cento de anos do himno de Raimon, un himno sen orquestra nin bandeira.

Cultura