Medos que condicionan

Medos que condicionan
16 de Outubro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

As fobias son medos extremos que nos poden condicionar a vida. Poden estar producidas por vivencias, propias ou alleas, pola información ou a educación que recibimos. Hainas moi diferentes. Aos ascensores, ás escaleiras, aos avións, ao sexo e ata aos botóns... Falamos das fobias e de como facerlles fronte en Radio Fene co psicólogo José Barcia

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Erotofobia é a fobia ao sexo. “O medo extremo e a evitación da sexualidade, a posibilidade de intimar con outras persoas”. Maniféstase de moitos xeitos e por motivos diversos.“O clásico son persoas que teñen medo ao coito, pero tamén pode ser a ser tocados ou aos bicos”. As raíces están “no que vivimos, o que vimos noutros ou as crenzas”. O tratamento das fobias para pola chamada “desensibilización sistemática, que pouco a pouco se vaia relacionando con iso”. “Irse acercando pouco a pouco para que vexas que non pasa nada por irte achegando a iso que che provoca tanto medo”.

 

Fotografía: Escaleira na rua Lameiro de Fene

Foto Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora