Medra a demanda formativa sobre seguridade na Internet

Medra a demanda formativa sobre seguridade na Internet

17 de Xaneiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, presidiu hoxe na Coruña a reunión da Comisión de Seguimento do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar. Nesta sesión analizáronse os primeiros resultados de aplicación deste plan, correspondentes ao primeiro trimestre do presente curso académico 2012-2013. Juárez lembrou a necesidade de que pais e fillos implanten na súa rutina diaria en Internet unha serie de

Ademais do delegado do Goberno, asistiron á mesma a director da área de Alta Inspección de Educación da Delegación do Goberno, José Antonio Gai; os responsables do plan no Corpo Nacional de Policía e Garda Civil; representantes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta; a xefa da Unidade de Coordinación de Violencia de Xénero de Galicia, Emilia González e o catro responsables provinciais das Unidades de Violencia de Xénero nas Subdelegacións do Goberno.

 SEGURIDADE EN INTERNET

Samuel Juárez destacou o crecemento na demanda de actividades formativas polos centros de ensino relacionadas cos riscos de Internet e as redes sociais. Do total de charlas solicitadas pola comunidade educativa neste primeiro trimestre (756), un 41,4% (313) inclúense nesta categoría. A continuación sitúanse o acoso escolar (179 solicitudes) e o consumo de drogas e alcol (127), seguidos de violencia de xénero (69), bandas xuvenís (26) e outros (42).

O delegado do Goberno destacou este incremento como unha mostra de que a comunidade educativa ha tomado conciencia dos riscos asociados a un mal uso da Rede. Juárez lembrou a necesidade de que pais e fillos implanten na súa rutina diaria en Internet unha serie de consellos para protexer a súa persoa e intimidade e evitar a comisión de delitos, incidindo en que é necesario educar aos fillos no intercambio e usos propios e alleos de imaxes íntimas e persoais. Entre estes consellos, que recollen os especialistas da Policía Nacional e a Garda Civil, Juárez profundou na necesidade de que os pais comenten cos fillos os perigos para a intimidade dun mal uso das redes sociais, revisen a actividade dos menores e valoren a posibilidade de instalar filtros e programas de control. Aos menores, o delegado do Goberno lémbralles o perigo de dar datos persoais e íntimos a descoñecidos e a necesidade de que comenten cos seus pais, titores ou profesores calquera contido estraño e/ou ameazante que detecten en Internet.

 OBXECTIVO: MELLORAR A SEGURIDADE NA CONTORNA ESCOLAR

 O Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar é unha iniciativa do Ministerio do Interior que se executa fundamentalmente a través dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e no que tamén colaboran os ministerios de Educación,  Cultura e Deportes,  e outros axentes socioeducativos, así como as comunidades autónomas e a Federación Española de Municipios e Provincias, entre outras institucións.

 Os datos rexistrados nas edicións anteriores do Plan pon de relevo a crecente receptividade das comunidades educativas e de pais a esta iniciativa, que ten, entre outros obxectivos, mellorar a confianza dos nenos e mozos nas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado; pór a disposición da comunidade educativa a asistencia técnica que necesiten para axudar a previr e abordar os episodios graves que poidan ameazar a convivencia escolar; e axudar a mellorar o coñecemento dos alumnos, pais e profesores sobre os problemas de seguridade que afectan aos mozos e mozas.  

Esta colaboración materialízase fundamentalmente no desenvolvemento de charlas a alumnos, que dirixen especialistas do Corpo Nacional de Policía ou da Garda Civil (en función da localización xeográfica do centro); en reunións da comunidade educativa con expertos policiais, e no acceso permanente a un experto policial ao que consultar calquera problema relacionado coa seguridade ou convivencia no centro escolar. Así mesmo, concrétase na mellora da vixilancia da contorna do centro escolar.

Ademais das charlas, o Plan complétase con outras actividades como exhibicións, visitas a centros policiais, xornadas de portas abertas, exposicións e concursos, así como cos servizos de vixilancia en colexios, en colaboración coas policías locais.

Sociedade