Meirás - Barallobre, o domingo ás 17,30 no Misael Prieto

Meirás - Barallobre, o domingo ás 17,30 no Misael Prieto

26 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Un óso duro de roer tocoulle ao Barallobre no sorteo dos cuartos de final da Copa da ría de Ferrol de fútbol afeizoado. Os do Ramo deberán enfrontarse ao Meirás, o domingo ás cinco e media da tarde no campo de Misael Prieto. A priori é o equipo máis forte dos que disputan a competición ao vir de disputar a Liga da Primeira Autonómica.

O Meirás quería adiantar o partido para o sábado pero compromisos dos xogadores do Barallobre impediron acceder á petición do equipo de Valdoviño. Os restantes partidos serán o Eume – Cariño, Miño – Numancia de Ares e Somozas B – Narón B. A eliminatoria xógase a partido único.

Deportes