Mellor con dez

Mellor con dez
14 de Decembro, 2021 - 09:48 h. | Publicada por Radio Fene

“Ao fútbol, xógase mellor con dez que con once”. A frase é de Helenio Herrera, mítico adestrador do Inter de Milán ou do Barcelona. Púxoa en práctica o Perlío a pasada fin de semana. 

ESCOITA O PODCAST:
Isma Grandal, autor do gol que deu a vitoria ao Perlío

Na última xornada da Primeira Galicia de fútbol, en partido xogado na tarde do domingo no campo dos Pinares, Perlío 2 – 1 Torre. “Na primeira parte non estivemos moi finos coa pelota, nin fomos superiores ao equipo rival” indica o adestrador Gonzalo Beceiro. “Despois do descanso, encaixamos gol nunha acción a balón parado e ven a xogada clave do partido cando nos expulsan a un xogador e nos pitan penalti. Con 10 xogadores, o equipo deu a mellor cara e contra once adversarios, ofreceron unha boa media hora final. O segundo gol meteuno Isma de penalti”. (Na imaxe de Xan Xe Corral, Isma Grandal, autor do 2-1)

Deportes

Publica o teu comentario agora