ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Fene mellorará a rede de abastecemento na Rúa Travesa e Camiño Inferniño. As obras, que se executarán con cargo ao POS+2023, xa foron licitadas e estanse avaliando as ofertas presentadas. O proxecto prevé un prazo de execución de tres meses.
A escavación e substitución da rede de abastecemento nun treito da Rúa Travesa e do Camiño Inferniño, coa instalación de tubaxe de polietileno de alta densidade de 125 mm de diámetro interior, e a re-conexión domiciliaria pertencente á rede municipal son as actuacións que executará o Concello de Fene. Tras as obras, reporase o firme e a sinalización viaria horizontal.
O alcalde, Juventino Trigo, destacou a urxencia destas actuacións, ao ter quedado a infraestrutura obsoleta. “Neste treito estaban a alimentarse as vivendas cunha tubaxe de 100 mm de diámetro, o que viña supondo unha limitación que quedará superada coa nova tubaxe de 125 mm” sinalou o rexedor. Trigo lembrou que “a rede de abastecemento de Fene dispón aínda dalgúns treitos con colectores de fibrocemento que estamos a substituír de maneira paulatina”. Pola súa banda, o concelleiro de obras, Manuel Polo, adiantou que “a empresa adxudicataria terá un prazo de 3 meses para executar a obra. O presuposto da actuación é de algo máis de 66.000 euros.
Publica o teu comentario agora