Mellores comunicacións

Mellores comunicacións
30 de Setembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Reivindicación do Corredor Cantábrico e o Atlántico Ferroviario nos Encontros no Eo celebrados en Vegadeo coa participación dos presidentes da Xunta e do Principado de Asturias. Manuel Fernández, que vén de ser reelixido presidente da organización empresarial IEN por Europa, falou en Radio Fene das inquedanzas do tecido empresarial.

 

ESCOITA O PODCAST:

Melloras nas comunicacións para Ferrolterra e o norte de Galicia centraron as demandas do empresario de Fene nos Encontros no Eo. Reclama investimentos “para unha parte de Galicia inxustamente postergada”. Manuel Pérez renovou o cargo a fronte da organización Iniciativa Empresarial do Noroeste por Europa, unha entidade intersectorial con sede en Fene, que hoxe conta con 350 asociados en todo o territorio galego. Postos de traballo, formación e acceso ás axudas públicas son as prioridades que marca o presidente de IEN por Europa. “Se non hai postos de traballo non hai vida, sobre todo para a xente nova”, destaca o representante empresarial, que aproveitou para defender o futuro dos estaleiros. “Onde tiran as gradas debían facer un dique, os mares non se acaban e os barcos si se acaban”, declarou.

Sociedade

Publica o teu comentario agora