ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Parque Eólico Sotavento Galicia recibiu onte a visita de varios membros permanentes da ONU como parte da delegación da asociación internacional “Dereito á enerxía SOS-Futur”, fundada no ano 2000 e que se achegou pola instalación xermadina para coñecer máis de cerca a realidade enerxética galega.
A visita, promovida polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega), estaba formada por persoas de diversas nacionalidades achegadas desde Arxelia, Canadá, Francia, Laos, México e Níxer, que amosaron o seu particular interese nas experiencias de Galicia no que a materia enerxética se refire.
No Parque Eólico Experimental, os participantes puideron visitar os múltiples e novidosos proxectos que se están a levar a cabo nesta instalación situada na Serra da Loba, entre os concellos de Xermade (Lugo) e Monfero (A Coruña). Os membros da ONU tiveron unha parada especial na recentemente aberta vivenda bioclimática. A visita de SOS Futur ao territorio galego aproveitarase para facer unha análise do modelo e da experiencia galega no contexto enerxético, sobre todo no plano eólico.
Instituto Francés de Agadir (Marrocos)
Por outro lado, o Parque Eólico Experimental Sotavento tamén foi escenario e principal referente da viaxe a Galicia dun numeroso grupo de alumnos do Instituto Francés de Agadir (Marrocos), que visitaron a nosa comunidade interesados en proxectos de aforro enerxético e respecto ao medio ambiente.
Durante as máis de 3 horas de visita que este grupo marroquí pasou nas instalacións de Sotavento, mostrou especial interese polas variadas tecnoloxías de captación solar empregadas nesta instalación e polo proxecto experimental de acumulación de enerxía eólica en forma de hidróxeno.