Mes da Patria

Mes da Patria
22 de Xuño, 2023 - 02:40 h. | Publicada por Radio Fene

Xullo, Mes da Patria no Concello de Fene. A Concellería de Cultura deu a coñecer este xoves a ampla programación prevista para as vindeiras semanas

Cunha festa infantil na Praza do alcalde Ramón José Souto González comezará o venres 7 de xullo o ciclo “Xullo, mes da Patria” que engloba toda a programación organizada pola Concellería de Cultura de Fene ao redor da conmemoración do 25 de xullo, Día da Patria Galega. O ciclo incluirá o tradicional Festival de Habaneras e Canto Coral (13 de xullo), un espectáculo infantil a cargo de Fantoches Baj (14 de xullo en San Valentín), un monólogo a cargo de Xosé Touriñán (15 de xullo), concertos de Trikitrí e Fillas de Cassandra (20 de xullo) e Ataque Escampe e Familia Caamagno (21 de xullo). O programa concluirá o sábado 22 de xullo coa lectura, ao mediodía, da declaración institucional polo Día da Patria Galega -a cargo da exconcelleira, exdeputada provincial e actual presidenta da AVV de Limodre, Ana Santiago- e cun concerto pola noite de Airiños de Fene e da Banda de Gaitas de Ortigueira. Todas as actividades serán con entrada libre e de balde, agás o monólogo de Touriñán que será gratuíto pero con reserva previa de entradas e aforo limitado.

Institucional

Publica o teu comentario agora