A Mesa sostén que a Xunta “furtou” os cartos da Feira das Artes Escénicas para “untar aos amigos de Madrid”

A Mesa sostén que a Xunta “furtou” os cartos da Feira das Artes Escénicas para “untar aos amigos de Madrid”

11 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O Festival do Autoodio. Así cualifica A Mesa polo Normalización Lingüística o I Festival das Rías Baixas de Música, Danza e Teatro, que se vai desenvolver en Pontevedra no mes de xullo co apoio da Xunta e a Deputación Provincial. Denuncia que o evento, codirixido polo actor español Sancho Gracia, recibirá unha subvención de 225.000 euros que se lles estaría a furtar á Feira de Artes Esc&eac

Segundo a asociación en defensa do galego resulta “indecente” que as administracións gobernadas polo Partido Popular concedan unha subvención de centos de miles de euros a “Sancho Gracia mentres nega o pan e o sal á cultura galega”. A entidade presidida por Carlos Callón sostén que o Festival das Rías Baixas “fede a electoralismo barato”.
Dende A Mesa pola Normalización denúnciase que o investimento serve para que Núñez Feijóo “unte aos seus amigos de Madrid” mentres lle “adebeda diñeiro ás compañías teatrais galegas, moitas delas ao borde do abismo. Ao mesmo tempo sinala a contradición existente entre o anuncio de que non se vai organizar a Feira das Artes Escénicas de Galicia por falla de orzamento e a programación deste novo evento. “Será porque lles sae moi caro Sancho Gracia”, resolve a entidade.
 
O comunicado da Mesa prodúcese o día despois de que o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Juan Carlos Fernández Fasero, defendese en comisión parlamentaria a programación cultural da Xunta, que cualificou como “austera”, pero dirixida ao público.
Cultura