Millo Verde, mercado de troco, festas da Coca, Foliada Redondela, ...

Millo Verde, mercado de troco, festas da Coca, Foliada Redondela, ...

30 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Redondela semella un fervedoiro de actividades culturais e musicais na vindeira semana. Aos actos das festas da Coca, e as alfombras do Corpus, súmase todo o programa do festival alternativo Millo Verde, que traerá á vila a algúns dos grupos máis punteiros da escena musical galega, ademáis de formacións de Catalunya, Murcia e Italia.

Na vindeira semana, dentro das actividades propostas no Festival Alternativo Millo Verde, celebrarase o primeiro mercado de troco en Redondela. Será na alameda de Redondela, o sábado 6 de xuño, de 17 a 20 horas, coincidindo con diferentes obradoiros de xogos populares. Nel todas as persoas que queiran poden traer obxectos en bo estado e que non necesiten para intercambialos por outros. Desde libros, discos, electrodomésticos pequenos, roupa ou complementos, ata xoguetes.

Estas actividades son o pistoletazo de saída da celebración do Festival Foliada Redondela 09, que terá lugar a fin de semana do 11 ao 13 de setembro. Trátase dun festival-intercambio cultural entre Galicia e Catalunya, cun marcado espírito analítico e de acción social, sen por iso desatender o aspecto lúdico e festivo. Este festival, que vai pola súa 4ª edición, celébrase alternativamente en Nou Barris (Barcelona) e nunha vila galega. Este ano a vila galega escollida foi Redondela e o eixo temático do Festival será os "Hábitos de consumo e mobilidade". 

Cultura