ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Non hai nada máis fermoso que a mirada dun neno que le. A frase pronunciouna un escritor ao recibir o Premio Príncipe de Asturias, gabando a lectura nas máis tempranas idades. Sobre a literatura infantil e xuvenil, versan uns encontros que mañá se desenvolven no Consello da Cultura Galega.
O salón de actos do Consello da Cultura Galega acollerá mañá vernes 22 de outubro a II Xornada da Crítica Galega que debatirá sobre “A crítica e a literatura infantil e xuvenil”, por iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). O acto inaugural será ás 10´30 horas e nel intevirán: Ramón Villares, Presidente do CCG, Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG, e Blanca Ana Roig, en representación da Sección de Crítica da AELG. A Xornada prolongarase ata as 20 horas.
O programa inclúe dúas conferencias pola mañá e unha mesa redonda e un debate xeral pola tarde. Isabel Mociño (Universidade de Santiago) analizará “A crítica literaria académica da Literatura Infantil e Xuvenil Galega” e Xosé Manuel Eyré (AELG) falará sobre “A crítica do libro infantil e xuvenil na prensa”.
Ás 16´45 horas terá lugar a mesa redonda “A Literatura Infantil e Xuvenil na crítica literaria ibérica” coas intervencións de: José António Gómes (Escola Superior de Educaçâo do Instituto Politécnico do Porto), María José Olaziregui (Universidade do País Vasco), María Victoria Sotomayor (Universidade Autónoma de Madrid) e Catarina Valriu (Universidade das Illas Baleares). Coordinará: Blanca Ana Roig (Universidade de Santiago).
Ás 18´15 horas o debate xeral ocuparase da “Presenza e ausencia da crítica literaria sobre a Literatura Infantil e Xuvenil”. Coordinarán: Mar Fernández Vázquez (Universidade de Santiago) e Ana Margarida Ramos (Universidade de Aveiro).
O encontro pretende tamén crear un foro de debate sobre a crítica literaria que se ocupa da Literatura Infantil e Xuvenil na procura dun maior recoñecemento e profesionalización destas actividades.