Mirando ao mar

Mirando ao mar
27 de Xullo, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

A costa de Fene ten praias e lugares para o lecer. Tamén puntos nos que coñecer mellor de onde vimos. Deunos pistas de todo iso en Radio Fene a responsable da oficina municipal de Turismo, Estefanía Purriños.

ESCOITA O PODCAST:

Fene mira ao mar en dúas rías. As de Ferrol e Ares. San Valentín, co seu paseo marítimo;  Maniños, o paseo marítimo Bieito Cupeiro de Barallobre, en Limodre o río Castro, Almieiras, Coído, Rio Sandeo... Son moitos os lugares para gozar das vistas e do sol, pero tamén para recuperar parte da nosa historia.  Por exemplo, ao final do areal de Maniños, no límite con Mugardos, atopamos o Castro das Escadas, nun cantil, a 32 metros sobre o nivel do mar. A zona tamén foi lugar de traballo, hai restos, por exemplo, dunha fábrica de curtidos, e non é o único exemplo de industria no lugar, Tamén houbo fábricas de salgados e escabeche, de peixe e zamburiñas, e unha fábrica de tellas e ladrillos que aproveitaba para extraer na zona area de gran calidade. A Casa Orillamar e o Pazo de Maniños son outros lugares de interese. Fene homenaxea cun paseo marítimo ao ilustre veciño de Barallobre, galeguista emigrado á Arxentina Bieito Cupeiro. A praia de San Valentín tamén ten paseo, con zona arborada e asentos. Ademais é un excelente lugar para a observación de aves. E facendo límite con Cabanas atopamos a praia de río Castro, con un muíño de mareas na outra beira. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora