Mirar para diante

Mirar para diante
15 de Novembro, 2022 - 02:49 h. | Publicada por Radio Fene

Perdeu o Maniños na Coruña. Eiris 5-0 Maniños. Saldo negativo para as de Fene na sexta xornada da Segunda División Galega Feminina. “O resultado é o que é, tivemos un cúmulo de erros, comezamos de xeito dubitativa e tivo que quedar unha xogadora no lugar da porteira”, resume en Radio Fene o adestrador Juanjo Iñiguez, Cebolo.

 

ESCOITA O PODCAST:

“Os resultados hai que collelos como veñen, seguir loitando e aprendendo. Non influíu que eu non estivera no banquiño, estaba alí ao lado, pero houbo un cúmulo de erros, comezamos dubitativas e moi mermadas, sen porteira, tivo que quedar unha xogadora na portería, doulle as grazas”, declara o técnico. As do Eirís foron mellores, recoñece “a nós non nos saíron ben as cousas desde o principio. Desesperámonos, eu incídolles en que xoguen o balón, pero parecía que o balón queimaba, que estoupaba no pé e todo o mundo se desfacía del”. Agora toca “seguir traballando, as xogadoras están poñendo todo o que poden, están adestrando moi ben”. Mirar para diante e preparar o encontro da vindeira fin de semana, no Pote, contra as coruñesas da Torre.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora