Mocidade Activa

Mocidade Activa
27 de Xullo, 2023 - 02:31 h. | Publicada por Radio Fene

Fotografía, xogos, cociña, rutas. Actividades moi variadas realizan os rapaces e rapazas participantes no programa Mocidade Activa que ofrecen no verán os concellos de Fene, Neda e Mugardos. Os participantes na segunda quenda do programa organizado en Fene pola Concelleira de Benestar Social visitaron Radio Fene

 

ESCOITA O PODCAST:

Son dezasete mozos e mozas os que están a participar neste segundo grupo e realizan actividades recreativas e tamén de formación. Os obradoiros rematarán o vindeiro luns, 31 de xullo. Falamos desta programación con unha das monitoras, Lina Balseiro. Lola Garcia e Javi Martínez relataron en Radio Fene por que se apuntaron e cales están ser as súas actividades favoritas.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora