Moita música e churrascada de balde no Asaghieiras Master Festival

Moita música e churrascada de balde no Asaghieiras Master Festival

13 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Rock e hip-hop son protagonistas hoxe e mañá na terceira edición do Asaghieiras Master Festival. Un evento que se celebra en Lariño, Carnota, organizado pola Asociación Asaghieiras. A partir das dez desta noite subirán ao escenario os dinamarqueses Monkey face, para continuar con Kastomä. Beatus Ille porá o toque rapeiro en castel&aacut

Na noite do sábado os concertos comezarán ás nove co folk dos británicos Invivo. Despois Deseqilibrio Mental, aos que seguirán os composteláns Yidorah, os vigueses Aphonnic e os muradáns Trapos Sucios. Antes de que DJ Berro peche a festa subirán ao escenario os portugueses Terbutalina.

Pero ademais de música haberá moitas máis cousas como os pasarrúas do Grupo de Gaitas Galanía de Muros e os grupos locais Toxo Negro, Desterrados e Akylea, que amenizarán a tarde e a churrascada gratuíta do mediodía. Tamén haberá oco para o novo circo e o que o desexe poderá acampar de balde na zona, ao carón do mar no Faro de Lariño.

Cultura