ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A limpeza é importante para o mantemento dos ordenadores e outros dispositivos como tabletas ou móbiles. “O po e o gran inimigo, cólase por todas as rendixas pensadas para a ventilación dos aparatos”, advertiu o colaborador de Radio Fene Iago Varela.
Para ter a punto os dispositivos hai que facer un mantemento. “Idealmente de forma periódica, pero cando o ordenador falla e se volve máis lento, é o momento de parar e levar a cabo accións sinxelas que axudan ao seu mantemento”, indica Iago. O primeiro di é “manter actualizados coas últimas versións os sistemas operativos. O software que non se actualiza adoita ter problemas de rendemento e tamén é importante por motivos de seguridade, hai unhas portas abertas a que os piratas informáticos poidan acceder” de maneira máis doada aos dispositivos”.
En canto á limpeza dos dispositivos, Iago Varela aconsella “proceder con moito coidado, apagando e desconectando previamente o aparato”. Para limpar o ordenador podese quitarlle a carcasa e “empregar un bote de aire comprimido, aire limpo que saca o po, evitar usar aspiradores, iso crea máis problemas dos que resolve”. Tamén se pode usar un trapiño suave, pero evitar humidades. Tamén é necesario facer unha limpeza dixital, por exemplo borrando arquivos temporais. E, sobre todo, hai que manter actualizados os sistemas operativos.
Publica o teu comentario agora