Mollar a orella a quen sexa

Mollar a orella a quen sexa
26 de Agosto, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Un equipo solvente quere construir Mario López ao fronte do Perlío na Primeira Galicia de fútbol. “Queremos asentarnos nesta categoría, cunha alta capacidade competitiva porque iso evitará ansiedade nos baches” indica o técnico que procede do Cebarca: “Conseguir que o equipo se sinta solvente para poder mollar a orella a quen sexa”.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Mario López Veiga (Ferrol, 1982) dirixirá ao Perlío nun partido amigable este sábado en Monfero e disputará o Trofeo Industriais de Perlío o vindeiro fin de semana (2 e 3 de setembro) fronte ao Mugardos B, Barallobre e Numancia de Ares. Prepara con ilusión unha tempada oficial que comezará o 10 de setembro no campo dos Pinares. Recibirá ao Relámpago de Elviña, outro recén ascendido á categoría.

 

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora