Moncho Reboiras: Neles poño a miña lingua e descanso os meus ollos

Moncho Reboiras: Neles poño a miña lingua e descanso os meus ollos

12 de Agosto, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Nos que combaten e han de selo lóstrego achaiador, neles poño a miña lingua e descanso os meus ollos, e reclamo a libertade pró meu pobo, e reclamo a libertade pró meu pobo”. Remata así  o poema de Xosé Luis Méndez Ferrín, adicado a Moncho Reboiras, militante nacionalista asasinado pola policia franquista o 12 de agosto de 1975 no portal número 27 da rúa da Terra de Ferrol.

O dirixente da UPG Francisco Rodriguez lembra o traballo de Reboiras para dotar de infraestructura ao movemento nacionalista, construir a organización de estudiantes ERGA e erguer o sindicalismo galego.
A contribución de Reboiras foi fundamental nos últimos anos da dictadura de Franco. El estaba moi comprometido con todo o que fose criar conciencia nacionalista, afirma Rodriguez.
A UPG lembrará esta tarde en Ferrol os sucesos de 1975. Concentraráse ás sete da tarde na Praza de Armas para dirixirse ao portal número 27 da rúa da Terra. Alí depositarán unha ofrenda floral para logo acudir ao Cantón de Molíns.

Sociedade