Monfero acolle un novo Grelo Folk

Monfero acolle un novo Grelo Folk

11 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Monfero prepara o Grelo Folc 2011. Celebraráse no Mosteiro o sabado 22 de outubro a partir das 10 da noite. Catro grupos ocupan o cartel deste ano: Ondas Martenot anuncia unha homenaxe a Lois Pereiro. Será precisamente o seu irmán, o xornalista Xosé Manuel Pereiro, o encargado de presentar o evento, segundo nos conta, Ana González, da asociación O Abordelo, organizadora da cita.

Ademáis de Ondas Martenot actuará a Orquestra Os Modernos; o grupo fenés “Estimaba que viñeras”e Os Cuchufellos. Membros da organización do Grelo Folk falaron do festival esta mañán pero tamén de Monfero, das difíciles circunstancias para vivir na aldea.

O Grelo Folk celebrase o sabado 22 de outubro, baixo unha carpa por si daquelas marchou o verán. Polo campo da festa tocará a charanga Os Veraneantes e colabora a Deputación da Coruña.

Sociedade