Montes, Fusión e Panamá nas festas de San Valentín

Montes, Fusión e Panamá nas festas de San Valentín

13 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A presidenta da comisión de festas Serena Pouso está encantada co tempo que ven para a fin de semana e anuncia que os nenos e nenas terán todas as atraccións gratis na tarde do domingo. Na tarde dominical haberá festa infantil nas inmediacións do paseo marítimo, onde se situa a infraestructura dos festexos organizados pola hostelería do barrio.

 

 

Falando de hostelería, a asociación de comerciantes e hosteleiros O Cruceiro de Fene premia aos clientes que compren nas tendas do concello os seus agasallos do dia dos namorados con catro ceas románticas, no Restaurante Mundial.

As ceas rífanse cos numeros da loteria nacional do mesmo 14 de febreiro. Apoia a iniciativa a concellería de promocion económica de Fene.

 

Sociedade