A moral...qué cousas, ¿non?

A moral...qué cousas, ¿non?

08 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo Crucia Teatro de Santa Icía representa, este domingo 10 de abril en Ferrol, a comedia “O pinchazo de Vanessa”. A actuación enmárcase dentro do ciclo “Domingos a escea” que se desenvolve todos os domingos, ás 19;00, no Centro Cívico de Caranza, con entrada de balde.

A obra xira arredor dunha familia, de posición acomodada,disposta a todo por tapar a "falta" que tivo a súa filla, para preservar a súa moral. 

A peza é unha adaptación baseada nun texto de J. Mathías e dirixida por J.M. Cabana. Os intérpretes desta farsa son Juani Rodríguez, Anuska González, Carlos Velón, Pepe Lage, Conchi Cao, Carlos Gómez, Ana Pico e José Gómez.

Cultura