Morre un home nun incendio no Bertón en Ferrol

Morre un home nun incendio no Bertón en Ferrol

26 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un home morreu esta madrugada por inhalación de fume no incendio da sua vivenda, un piso no camiño do Barbeito no barrio do Bertón, en Ferrol. O lume produciuse probablemente, segundo os bombeiros ferroláns, a causa dun aparato eléctrico situado a carón dun sofá no que prendeu lume.  A vítima, Antonio Espada Rodriguez, de 85 anos, morreu por inhalación de fume.

O lume afectou a un sofá que combustionou lentamente xerando moito fume. Os servizos de emerxencia recibiron o aviso a través da chamada da muller que vivía no mesmo inmoble do finado, sobre as 5 e media da mañá. Ao lugar dos feitos, no camiño do Barbeito nº 13-15 primeiro esquerda, no Bertón,   desprazáronse os operativos do 112 e dos bombeiros. Comprobaron que o home estaba morto no cuarto contiguo a onde se producíu o incendio, refuxiado nun rincón entre dous armarios.

Sociedade