Morre un músico mentras actuaba en Cedeira

Morre un músico mentras actuaba en Cedeira

13 de Agosto, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O músico do grupo On the band Julián Rico faleceu a pasada noite sobre o escenario cando actuaba nas festas do verán en Cedeira (A Coruña). Segundo as primeiras informacións, morreu por mor dun infarto de miocardio. A banda era teloneira doutro grupo, La Pegatina, cuxa actuación foi suspendida tras o suceso.

Julián atopouse mal antes da actuación pero pese a todo subiu ao escenario. Segundo testemuñas presenciais, no medio do concerto, sufreu un infarto de miocardio. Enfermeiros e médicos que se atopaban entre o público, subiron para atendelo e chamaron a unha ambulancia. Cando o vehículo sanitario chegou xa non se puido facer nada para salvar a súa vida. Julián Rico era maquinista mercante e traballaba en Navantia Ferrol. Casado e con 52 anos deixa un fillo. Residia na Torre 2 de San Valentin en Fene.

Sociedade