Morre unha muller en Narón nun posible caso de violencia de xénero

Morre unha muller en Narón nun posible caso de violencia de xénero

25 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un posible caso de violencia de xénero produciuse esta tarde en Narón (A Coruña). Ás 15,45 horas os veciños chamaron ao 112 e á Comisaria de Poliicia alertando dunha xove gravemente ferida na Praza de San Roque. As forzas da orde buscan ao autor da agresión que fuxiu polas beiras do río Xuvia. O Concello de Narón condenou o homicidio e convocou un pleno extraordinario para mañá ás 12 da mañá e unha concentraci&

A xove de 28 anos, Iría García B., faleceu por unha agresión con arma branca, o que lle produciu unha ferida mortal no pescozo. Ao lugar dos feitos trasladouse unha ambulancia asistencial e outra medicalizada do 061, cuxo persoal tentou sen éxito reanimar á muller.

Non hai detidos, aínda que a vítima presentara denuncias previas contra unha persoa que podería ser a súa expareja.

Os feitos ocorreron ao redor das tres e media da tarde na praza de San Roque, en Xuvia. A nai da falecida, propietaria dunha carnicería na zona, sufriu unha crise de ansiedade e foi trasladada ao hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.

O titular do Xulgado de Instrución numero 3 de Ferrol, Alejandro Morán Llordén, autorizou o levantamento do cadáver ás 18.15 horas para que se lle practique a autopsia.

Policía científica e o médico forense de garda inspeccionaron o lugar do suceso.

Sociedade