Morreu o ex xogador do Maniños Painceiras

Morreu o ex xogador do Maniños Painceiras

29 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

José Juan Painceiras Iglesias, máis coñecido futbolisticamente como Painceiras morreu a pasada semana a consecuencia dun desafortunado accidente de tráfico na localidade de Ordes, segundo informa a páxina web do Cultural Maniños, culturalmaninhos.tk. Painceiras formouse na canteira do Maniños e militou nas categorías alevín, infantil, cadete, xuvenil e modestos onde estivo durante varias temporadas.

Na foto que publica o club na súa páxina web observamos a Painceiras no Maniños 81/82. O futbolista é o quinto pola esquerda na fila de arriba. O pasado domingo no Campo de O Pote gardouse un minuto de silencio como lembranza da familia do Maniños.

Deportes