Mortadelo e Filemón en Aspaneps

Mortadelo e Filemón en Aspaneps

30 de Xaneiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Mortadelo e Filemón compartiron xornada cos alumnos e alumnas do Centro Ocupacional de ASPANEPS. Presentanse ao certame “Mortadelo e Filemón en Fenicia”. Visitaron a exposición sobre o debuxante Ibañez no Museo do Humor de Fene e alí lle fixeron a proposta de participar no concurso. Recolleron a idea e a convertiron nun proxecto educativo.

Con cartóns de refugallo, recortaron e prepararon os persoaxes de Mortadelo e Filemón. Logo realizaron un completo reportaxe fotográfico cos detectives baixando do autobús, traballando no centro das vivendas do Castro, no mural de “Mar e Ferro”, realizando labores de xardinería nos módulos de Centieiras, vendo as obras dos eólicos en Navantia, nas oficinas municipais, en Radio Fene e xogando un partido de fútbol. Con todo ese material, elaboraron un detallado dossier co que se presentan ao concurso, segundo explica o monitor Xabier Picos. A Asociación de Pais e Nais de Nenos con Problemas Psicosociais é unha entidade de fins sociais creada en mil novecentos oitenta. Na actualidade ten en marcha un centro ocupacional nos baixos das vivendas do Castro en Perlío. Ofrecen formación a persoas con distintas capacidades.

Sociedade