A mostra “Incisións” achégase a Cervo

A mostra “Incisións” achégase a Cervo

18 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Centro Cultural e de Servizos á Cidadanía de Cervo terá unha nova exposición itinerante. “Incisións” estará na súa sala de exposicións ata o 12 de xullo, antes de continuar polo resto dos concellos da Mariña. A mostra reúne 26 gravados de diferentes artistas plásticos lucenses.

Comisariada por Ignacio López, “Incisións” conta con obras de Mónica Alonso, Francisco Amat, Boente, Quique Bordell, Alejandro Carro, Santiago Catalán, Espiral, García-Gesto, Roberto González Fernández, Guerreiro, Honorio, Sara Lamas, Lomartí, Macía,  Luis Moscardó, Senén Olano, J. Otero-Yglesias, Elena Pendás,  Juan Miguel Prada, Xermán Refojo,  Mª José Santiso, Isabel Somoza, Bernardo Tejeda, Vázquez Cereijo, Vieiro e Ignacio López; e se enmarca dentro das actividades do 75 aniversario do Museo Provincial de Lugo.

 

 

Con este proxecto, aparte de crear un imperecedoiro obxecto artístico conmemorativo da efeméride do Museo, quíxose poñer ao dispor do público un testemuño histórico- cultural de actualidade. A exposición pódese visitar de 11 a 14 horas pola mañá e de 17 a 20 horas pola tarde.

Cultura