A Mostra de Cunqueiro aterra en Ferrol

A Mostra de Cunqueiro aterra en Ferrol

27 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Chega a Ferrol a mostra "No niño novo do vento. Cen anos de Álvaro Cunqueiro", conmemorativa do centenario do ilustra escritor galego. Inaugúrase o venres 28 de outubro, ás 12:30 h, no Centro Cultural Carvalho Calero. Unha escolma das creacións literarias e xornalísticas, a recreación do estudio onde traballaba con figuras a tamaño natural dos personaxes de “Merlín e familia” e documentais, forman parte do contido desta

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a Editorial Galaxia, a Fundación Penzol e o Concello de Ferrol colaboran nesta mostra coa que se quere lembrar a figura deste ilustre galego. A exposición, da que son comisarios María García Liñeira e Víctor Freixanes, está composta por dezaseis paneis nos que se fai un percorrido pola vida e obra de Álvaro Cunqueiro. En oito vitrinas preséntase unha selección bibliográfica da súa obra galega e castelá ademais de traducións a linguas estranxeiras, unha pequena selección da súa obra xornalística e unha escolma de prensa sobre as distintas etapas da súa vida.

As vitrinas compleméntanse cun escollido fondo documental. “No niño novo do vento” poderase visitar no Centro Carvalho Calero ate o 14 de novembro, en horario de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

Unha mesa redonda desenvolverase no propio Centro Cultural Carvalho Calero o día 3 de novembro ás 19:00 horas. Tomarán a palabra Ramón Loureiro, J.A. Ponte Far, Rubén Jarazo e Antonio Raúl de Toro Santos.

Sociedade