As mozas dos mariñeiros

As mozas dos mariñeiros
30 de Abril, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

No lugar de Cadavás /parroquia de Magalofes/ as mozas dos mariñeiros/ ollan o Ferrol ao lonxe.

Coplas como esta recóllense no volume “Ferrol, a minha terra. Versos ferroláns” de Carvalho Calero. Agrúpanse as 108 coplas, 4 versos octosílabos con rima asoante nos pares, numeradas en romanos. Tamén os “Tres poemas ferroláns” publicados en 1949 na revista “Sonata gallega” e os dous poemas máis tardíos recollidos en Futuro condicional e en Reticencias.

ESCOITA O PODCAST:

Xosé María Dobarro fala de "Ferrol, a minha terra"
http://173.255.131.18/audio/220422DOBARRO.mp3
Poema "Cruzando a ría"
http://173.255.131.18/audio/220422SANFIZ.mp3

Fotografía Xan Xe

É unha das persoalidades máis relevantes da cultura galega da segunda metade do século XX. Falamos de Don Ricardo Carvalho Calero, nacido en Ferrol vello en 1910. Agora a editorial Embora publica Ferrol, a minha terra. unha colección de poemas de Carvalho sobre a comarca ferrolá.

Ferrol. A minha terra. Recolle este libro dezaoito composicións poéticas de don Ricardo Carvalho Calero escritas en diferentes normas ortográficas que se respectan escrupulosamente. A selección dos poemas é responsabilidade do catedrático Xosé María Dobarro e as ilustracións son obra de Calros Silvar. Ambos os dous, como don Ricardo, ferroláns.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora