Mugardos contra os monxes de Montefaro

Mugardos contra os monxes de Montefaro

17 de Xaneiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Santa Catalina de Montefaro, no espazo e no tempo,…”. Chámase así o libro do historiador Juan Carneiro e do fotógrafo José Pardo que se presenta o venres 23 de xaneiro ás seis da tarde no propio cenobio. No acto tamén falarán o alcalde de Ares Julio Iglesias e o presidente da Deputación da Coruña Valentín González Formoso.

O mosteiro de Santa Catarina de Montefaro está en construción en 1392, segundo se reflexa nunha lápida situada á esquerda da entrada á igrexa. Fernán Pérez de Andrade impulsa a obra, coa autorización do arcebispo de Santiago. O Andrade fará importantes doazóns ao novo mosteiro, entre elas, a da vila de Mugardos co seu couto, xurisdicción e señorío. Exime do simpostos e serventías que lle pagaban a el os mugardeses, para que a partir dese momento llas deran ao mosteiro.
 
Esa doazón orixinará un preito dos habitantes de Mugardos contra os monxes de Montefaro, xa que os mugardeses querían liberarse da vasalaxe. O inicio da demanda baséase na falta dun documento que confirme que os Andrade son os lexitimos propietarios e señores de Mugardos. A casa nobiliar doaría a Montefaro propiedades que non lle pertencian legalmente.
 
O feito é que o rei Henrique II, achándose en Burgos en 1371 , doa Ferrol, Pontedeume e Mugardos aos Andrade . Pero os monxes non atoparon ese documento de doazón e non puideron demostrar a doazón. 
 
Sociedade