A muller, primeira vítima dos recurtes sociais

A muller, primeira vítima dos recurtes sociais

04 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Confederación Intersindical Galega súmase á conmemoración do Día Internacional da Muller, o 8 de marzo. O mesmo martes, as mulleres da CIG concentraránse diante do edificio da Xunta de Galicia en Ferrol.

A CIG organiza ademais para finais deste mes un acto sobre financiamento ético. Tamén realiza un chamamento para acudir á concentración que se desenvolverá este domingo ás 12,30 da mañá no Cantón de Molins, convocada pola Marcha Mundial das Mulleres.

Sociedade