ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As veciñas de Fene volven a contar a partir de hoxe mércores do servizo de asesoramento xurídico á muller, segundo informa a concellería de Servizos Sociais que dirixe Rocio Rey. A oferta consiste na consulta gratuita a un avogado que recibirá ás veciñas todos os martes pola mañá nas instalacións dos Servizos Sociais do Concello de Fene na avenida Naturais, 44.
O avogado dará asesoramento xurídico en distintos temas, fundamentalmente no delicado asunto do maltrato. O servizo comezou esta mañán , mércores día 13 de outubro, e non o martes 12 por mor da festividade laboral. O resto das semanas o avogado recibirá o martes pola mañá.
O Concello de Fene inicia tamén a poda de arbores na zona urbana do termo municipal. A poda comeza na avenida Marqués de Figueroa en Perlío e os traballos comezarán na zona da Xunqueira de Perlío, preto da Ferretería Aguilar. Varios operarios do Concello de Fene serán os encargados dos traballos de recorte das polas e de adecentamento das arbores urbanas. Os traballos continuarán os vindeiros días pola Avenida Naturais de Fene, Conces, As Pias e a avenida do Tarrío.