Mundo salvaxe e puro

Mundo salvaxe e puro
27 de Febreiro, 2021 - 07:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello enteiro de Mañón é un mundo salvaxe,puro,de nidia natureza coa que nos podemos identificar,reserva de vida animal en liberdade, cordal montesía lavada das augas e perfumada das brumas, casa serena onde se instalou a felicidade, son das chocas que levan as vacas. Reserva ornitolóxica nos esteiros lamacentos, estación das aves migratorias,centros de axuda á navegación marítima e aérea, lugar de entretemento, cociña saborosa, corredoira pedestre.

Augas caídas. Mañón

Canteira de museos culturais, unha riqueza viva que Xulio Villarino amosa sabiamente nas súas fotografías no libro “Mañón, dous mares”, editado polo fotógrafo en febreiro de 2016 co patrocinio do Concello de Mañón. O escritor Hixinio Puentes elaborou o texto denominado “A morada das brétemas” no que fala do rio Sor, que “corre sereno entre os amieiros, repousa sobre os relanzos de Arganzo e O Cascón, collendo forzas para esfragarse a turbulencia de Augas Caídas onde o descenso de rafting se volve imposible, cando non impracticable”.

Cultura

Publica o teu comentario agora