Musiqueando

Os estudantes do IES Fene sacan o seu talento musical á rúa
08 de Abril, 2019 - 01:20 h. | Publicada por Radio Fene

Máis dun centenar de alumnos e alumnas do centro, capitaneados pola súa profesora, Bárbara Mourelo, tocarán este martes dia 9 na praza do Alcalde Ramón Souto González no marco da iniciativa “Musiqueando”.

Máis dun centenar de alumnos e alumnas do IES Fene sairán á rúa este martes 9 de abril para desplegar todo o seu talento creativo e musical e compartilo con veciños e veciñas. Sobre as 11 horas acudirán á praza do Alcalde Ramón Souto González, contigua á casa consistorial, para amosar o aprendido nas aulas coa profesora de música Bárbara Mourelo e ofrecer os seus mini concertos. Unha anovadora iniciativa incluída no proxecto “Musiqueando”, co que colabora o Concello de Fene a través da Concellería de Ensino que dirixe Ana Novo.

As diferentes actuacións musicais sucederanse por espazo de dúas horas, ata as 13 h, e correrán por conta do alumnado da ESO e Bachiller. Así mesmo, en caso de choiva, tal e como apuntan as previsións, os concertos trasladaríanse ao interior do salón de plenos da Casa do Concello. Desde a Concellería de Ensino anímase á veciñanza a acudir á cita e disfrutar do talento dos máis máis novos de Fene, reeditando o éxito de público alcanzado o pasado curso. (na foto, o Musiqueando do 2018)

Cultura

Publica o teu comentario agora