Mussolini e os liberais

Mussolini e os liberais
10 de Abril, 2019 - 08:43 h. | Publicada por Radiofusión

O Partido Fascista era a formación máis potente de Italia a comezos da década dos anos vinte do século XX. Pero non gozaban de prestixio, eran vistos como “uns matóns” que ian pegándolle á xente Os liberais (Gioliti, Sanlandra) contribuiron a “blanquealos”. Nas eleccións de 1921 xa os incorporaron a unha coalición que agrupaba á dereita. Os fascistas conseguiron máis de trinta deputados, grazas aos liberais. Presentarónnos como unha opción coa que se podía falar, pactar e acordar cousas. Mussolini aproveitou a ocasión pese a que algún fascistas non querían. E logo pasou o que pasou; En 1925 o “Duce” prohibiu e ilegalizou ao Partido Liberal Italiano.

Tempos Novos, revista mensual de información e opinión para o debate

Hoxendía, o raro e o polémico venden máis. Os grandes medios de comunicación sábenno e por iso reproducen a mensaxe de Vox, malia teren unha intención xeral ferozmente antidemocrática. Segundo indica Luis Alvarez Pousa no último número (abril 2019) de Tempos Novos, “…os partidos neo-nazis, xenófobos, misóxenos, homófobos e ultrapopulistas, avanzan por Europa e América a cara descuberta. Outros partidos promocionan os mesmos vellos mitos,crenzas e doutrinas, pero rebautizados e postos ao dia para facelos de consumo rápido, sen que provoquen naúseas”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora