Núñez Feijóo, de México a Panamá

Núñez Feijóo, de México a Panamá

17 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que a viaxe que realizou estes días a México ten servido para afondar no compromiso de construción naval entre Pemex e os estaleiros galegos, que abre a posibilidade de novas contratacións e máis traballo conxunto coa petroleira mexicana. “Teño que dicir que xa neste momento podemos confirmar que ampliamos o compromiso de construción naval entre Pemex e os estaleiros g

En México, concretou, “aproveitamos para ter unha reunión a maior nivel coa dirección xeral de Pemex, tanto co director xeral -Emilio Lozoya Austin- como cos seus principais directivos; en primeiro lugar, para agradecer o xa conseguido e, en segundo lugar, para afondar en máis posibilidades de negocio, máis posibilidades de construción naval. Máis posibilidades, en definitiva, de dar emprego aos estaleiros galegos”, remarcou.

Segundo afirmou, a viaxe serviu para constatar tamén “que o mundo do petróleo é todo un sector económico dunha enorme importancia no mundo”. O número de plataformas, e de barcos complementarios e de apoio a cada unha delas, dixo, “é todo un sector económico e industrial, e Galicia ten que estar aí, temos que incorporarnos e temos que buscar o noso oco no sector do petróleo tomando neste caso como referencia a Pemex como o noso aliado estratéxico”, aseverou.

O presidente da Xunta precisou, ademais, que a súa presenza en México permitiu afondar nas relacións co Goberno do país, en concreto co departamento de Desenvolvemento Agrario, Territorial e Urbano Desenvolvemento Agrario, Territorial e Urbano, que dirixe Jorge Carlos Ramírez Marín.

Neste sentido, Feijóo puxo de relevo as necesidades de México de seguir construíndo máis edificacións e vivendas, e de rehabilitar espazos urbanos. E, neste punto, expresou a súa confianza en que tamén as empresas galegas poidan tomar parte deses proxectos. “A relación co ministro do ramo é unha relación cordial e eu espero que empresas consultoras, e empresas de enxeñaría e de dirección e seguimento de obra poidan ter oportunidades, igual que empresas construtoras galegas”.

Rumbo a Panamá

O mandatario galego emprende agora viaxe cara a Panamá, onde desenvolverá tamén unha axenda institucional e económica co obxectivo de “repetir o platexamento de abrir a nosa economía, de seguir exportando máis, de que a nosa balanza comercial cada vez sexa máis positiva en exportacións e que a globalización da economía galega non só sexa vender aos países da UE senón, sobre todo, abrila aos países de América e suposto, tentar conseguir investimento americano, investimento mexicano e panameño, en Galicia”, sinalou.

Trátase, en definitiva, dixo, “dunha viaxe económica, institucional” e, tamén, dixo, unha viaxe para visitar a colectividade galega en ambos os dous países. Lembrou, así, o  encontro “entrañable” que mantivo estes días cos emigrantes galegos en México no Centro Galego do país, na homenaxe ao que foi presidente da institución durante 12 anos, Luis Piñeiro. “Polo tanto, -agregou-, máis economía, máis capacidade de exportacións galegas e máis relacións entre o Goberno galego, e o Goberno mexicano e o Goberno panameño”.

Un esforzo conxunto entre as empresas e a Administración
Pola súa banda, o conselleiro de Economía e Industria, que acompaña ao presidente da Xunta nesta viaxe, Francisco Conde, asegurou que a Xunta segue centrando a súa política económica “no emprendemento, na innovación e na internacionalización”,  apoiando ás empresas para acadar maior competitividade e impulsando a presenza dos nosos empresarios no exterior.

Pecisou que esa competitividade “tense que plasmar nos mercados internacionais, gañando cota de mercado e, polo tanto, achegando os nosos produtos a mercados internacionais como é o caso de México ou de Panamá” e, neste sentido, avogou por facer “un esforzo conxunto entre as empresas e a Administración para gañar cota de mercado e para seguir crecendo e creando emprego”.

Sociedade