Núñez Feijoo arroupará ao candidato popular en Fene

Núñez Feijoo arroupará ao candidato popular en Fene

08 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O PP reta ao alcalde de Fene a que inaugure o parque de Vilanova xa rematado antes das eleccións locias. O periodo de inauguracións remata a finais deste mes de marzo e Gumersindo Galego insiste en que inaugure esa obra realizada coa subvención do primeiro Plan E do goberno de España.

Fixoo no pleno do pasado xoves e de novo esta mañán no espacio As Foxas de Radio Fene, onde anuncióu que farán un estudo exhaustivo dese parque onde non luce o medio millón de euros que custou.

Afirma o portavoz popular que o parque ubicado debaixo da AP9 está listo e recepcionado polo concello e se pregunta a qué espera o goberno local para inauguralo.

O candidato popular á alcaldía nas próximas eleccións municipais presentase como tal este venres ás 8 da tarde nos locais de Agarimo. Núñez Feijo arroupa a Galego, agora sendo presidente da Xunta de galicia, o que lle dá boas vibracións ao candidato fenés.

Gumersindo Galego agarda pola convocatoria do responsable de Facenda para revisar as propostas formuladas polos grupos politicos aos Orzamentos deste ano, entre elas as dos populares.Unha cita que de momento está sen poñer.

Sociedade