Na lembranza de Anisia Miranda

Na lembranza de Anisia Miranda

25 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Fondo pesar provocou en Barallobre (Fene A Coruña) a nova da morte da escritora galego-cubana Anisia Miranda. A vicepresidenta da Fundación Xosé Neira Vilas faleceu o 22 de outubro do 2009 na súa casa de Gres (Vila de Cruces Pontevedra)

Anisia Miranda, xunto con Xosé Neira Vilas, participou activamente nos actos do 75 aniversario do Monumento ao Camiñante Descoñecido, celebrados no pasado mes de xullo en Barallobre. Dábase a circunstancia de ser Neira Vilas o único escritor vivo con banco adicado no citado monumento. Neira e Anisia asistiron aos actos e logo compartiron o xantar da III Xuntanza dos Barallobre, coas persoas con este apelido chegadas dende distintas partes de Galicia e da Península.

Sociedade