Nadal en Outono

Nadal en Outono
23 de Outubro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Produtos de Nadal nos supermercados. Cada ano se adianta máis a oferta dese tipo de doces nos estantes das tendas de alimentación. Unha tentación con perigosas consecuencias para algunhas persoas. Falamos do tema co especialista en saúde mental e preparador físico José Barcia

ESCOITA O PODCAST:
Nadal 2022. San Sadurniño

Os perigos do consumo excesivo deste tipo de doces están claros. O adianto da oferta dos turróns e outras delicias do Nadal é positiva para a economía dos supermercados e mala para a nosa saúde. Os negocios fan caixa e os consumidores cada vez estamos expostos durante máis tempo a estes produtos hipercalóricos. Unha tentación especialmente perigosa para as persoas incapaces de controlar o consumo dese tipo de doces, porque buscan refuxio ao seu sufrimento persoal. “Non podo parar de comelos”. Hai quen ten dificultade para xestionar o consumo de produtos de Nadal. Persoas que antes facían gran consumo durante poucos días agora fano durante meses. “Máis desordes e desequilibrios con consecuencias de sufrimento persoal”. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora