Narón movilizase polas escolas infantís

Narón movilizase polas escolas infantís

23 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A corporación local de Narón e os pais afectados polo posible peche das garderías concentraranse esta tarde ás  17:00 horas diante do edificio da Xunta en Ferrol para entregar as firmas recollidas contra o peche das escolas infantís de Narón, que suman 360 prazas para nenos-as de 0 a 3 anos.

O domingo 25, a concentración repetirase ao mediodía na praza de Galicia, detrás do concello de Narón e preparan un peche para o martes 27 nos centros, ao termo da xornada escolar.
O Concello de Narón e os sindicatos CCOO, UXT, CIG e USTG mobilizaranse xunto ás ANPAS das tres garderías municipais da Gándara, A Solaina e Piñeiros en resposta a negativa da Xunta a asumir a xestión das escolas infantís, que previsiblemente terán que pechar o curso próximo por falta de fondos.
O goberno naronés solicitou unha reunión urxente coa conselleira de Traballo, Beatriz Mato, para "tratar persoalmente este tema". Desde o consistorio subliñaron que xa pediran formalmente unha reunión o pasado 2 de febreiro "sen obter, polo momento, resposta algunha".

Sociedade