Naraío recupera os guateques

Naraío recupera os guateques

12 de Novembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Naraío- A Coruña- volta ao pasado no sexto guateque Ghastas pista? O sábado 14 a partir das once da noite, música dos 60, 70 e 80 e actuación ao vivo de "Los Zares". Nos últimos anos o guateque Ghastas Pista? demostrou ser unha auténtica pasarela da moda vintage. Por iso a organización convidou a través das redes sociais a "remexer os faiados" na procura do que se levou noutro tempo para lucilo o sábado á n

A Asociación de Veciños “O Castelo” de Naraío volve organizar un dos eventos con máis aceptación do ano, o Guateque Ghastas Pista?, que este ano celebra a sexta edición. A música protagoniza unha noite de sábado con marcado ambiente retro no que a asociación ten preparado un baile do farolillo, o baile da escoba e unha sesión de picadiscos que repasará os grandes éxitos dos anos 60, 70 e 80.

Ademais, o clásico da comarca "Los Zares" interpretará os grandes fitos musicais que marcaron época. O VI Guateque Ghastas Pista? terá lugar no local social da Veiga, ao pé do campo de fútbol de Naraío o sabado a partir das once da noite. O local social presentará unha ambientación da época dourada das salas de festas da comarca. O guateque Ghastas Pista? forma parte da programación anual da A.VV. "O Castelo" de Naraío.

A segunda parte da velada -que se prolongará seguramente ata ben entrada a madrugada- estará dedicada á música enlatada. Karina, Marisol, Camilo Sesto, Andrés do Barro, Nino Bravo, Boney M, e outros clásicos deste tipo de festas compoñen a lista. Durante a noite hai organizadas máis actividades, como o xogo da silla ou o baile da escoba que terán premio.

Sociedade