A Nasa acolle un concerto solidario coa “Flotilla da Liberdade” que viaxará a Gaza

A Nasa acolle un concerto solidario coa “Flotilla da Liberdade” que viaxará a Gaza

04 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

A Sala Nasa de Compostela é o escenario elixido para celebración hoxe do Concerto Solidario da II Flotilla da Liberdade. Unha iniciativa do colectivo BDS-Galiza, que demanda o boicot, os desinvestimentos e as sancións a Israel. Neste caso, o evento enmárcase na campaña “Rumbo a Gaza”, impulsada por diversos colectivos a nivel estatal, e que procura un dobre obxectivo: o humanitario coa ruptura do b

O concerto comezará ás nove e media da noite e contará coas actuacións de Quempallou, The Homens e García MC, así como Carlos Blanco como mestre de cerimonias. As entradas están á venda ao prezo de 5 euros e os beneficios serán para a II Flotilla da Liberdade, que cara finais da primavera viaxará a Gaza. Contará cuns 15 buques nos que viaxarán centos de cooperantes e activistas de máis de 50 países, entre eles, galegos. Tamén levarán axuda humanitaria para castigada poboación da Faixa.

Rumbo a Gaza

Rumbo a Gaza é unha iniciativa “de sociedade civil a sociedade civil”, impulsada por persoas de diferentes cidades do estado español que queren manifestar a súa solidariedade coa poboación de Gaza dunha maneira activa e eficaz; rompendo o inxusto embargo que mantén afogada á poboación. Entre estas persoas atópanse os activistas Manuel Tapial e Laura Arau, que recentemente participaron na Flotilla da Liberdade, así como persoas vinculadas a organizacións sociais, políticas, sindicais, culturais e filantrópicas.

BDS-Galiza

BDS-Galiza está formado por diferentes colectivos galegos que teñen como obxectivo común traballar polo “boicot, os desinvestimentos e as sancións a Israel”.

Cultura