Natural Green representa a Galicia en Banicasim

Natural Green representa a Galicia en Banicasim

17 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Gañaron o VII Concurso Galego de Reggae, despois de superar aos aspirantes do norte e sur de Galicia. Iso déulles a entrada na cita anual máis importante da península, no Reggae Rototom Sunsplash, en Benicasim. Aló marcharon a maioría dos nove compoñentes de Natural Green porque suben ao escenario o vindeiro domingo 21 de agosto. Na retaguardia quedóu o teclista, Iago González Alonso, que se incorporará o domingo ao festival. Un mozo

Fillo do dramaturgo Luís González Ramos, él escolleu a música como profesión. Este curso empezará os catro anos superiores no Conservatorio da Coruña. Como el, a inmensa maioría dos compoñente de Natural Green son estudantes de Música.

Natural Green xurdiu a finais do 2009, coa intención de facer a música que a eles lles chega, coa que comparten mensaxe, o reggae. Queren plasmar a vida tal e como a coñecen e tentar cambiar o que está mal na sociedade. As suas influencias son múltiples: roots, música clásica, tradicional, hip hop, rock, funk...Na actualidade Os integrantes de Natural Green son nove:  
Richi Mouriño a.k.a Mista Mou (voz) Rubén Ferreira (Trompeta) Iago Gonzalez (Teclados,coros) Fran Ladra (Trombón) Fausto (Saxo) Pablo Mera ( Guitarra, coros) Pablo Aramburu (Baixo) David Gómez (Bateria) e Pablo Vergara (Percusións).

No repertorio todas son cancións orixinais, creadas polo grupo. En Benicasim presentarán uns once temas da vintena que teñen na carpeta. Agardan que esa intervención lles abra portas en Galicia e fora do país. De momento temos oportunidade de velos nunha cita cercana, o sabado 3 de setembro, no "Foundation Reggae Festival" no Concello de Miño-A Coruña- Un festival que tradiocionalmente se celebraba no concello de Culleredo. Agora traládase ao areal de Miño. "Dime porqué" "Sr Dinero" ou "En la cuerda floja" son títulos dalgunhas das cancións, señas de identidade dos ferroláns Natural Green.

Sociedade