Neda constitue a orde gastronómica do bolo cachado

Neda constitue a orde gastronómica do bolo cachado

29 de Agosto, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Neda constituirá a orde gastronómica do bolo cachado. Nomearán membros da orde a persoalidades que leven o nome de Neda e do seu pan polo mundo adiante. Para a festa do Pan do domingo sete de setembro, escolleranse oito nomeamentos entre persoeiros e entidades. O documento que terán que xurar os cofrades escribiuno o fillo predilecto de Neda Vicente Araguas.

Marcos Mella arrufará as pezas do mediodia na Festa do Pan de Neda o domingo sete de setembro. Tamén intervirá o grupo Parranda La Nuestra. A verbena nocturna correrá a cargo da Gallaecia Big Band con seu espectáculo Gallaecia All Stars. Paty Lesta e Sito Sedes lideran un espectáculo cheo de mambo, swing e rock. O dia anterior, o sábado seis de setembro, programouse a Ruta dos Muiños de Neda e a Peke Pan, verbena adicada a nenos e nenas.

 

O mesmo domingo sete de setembro serviráse un menú ao prezo de doce euros, incluindo paella, churrasco, bola, café e viño con pan de Neda. No Paseo de Xubia prepararáse unha carpa con cabida para máis de novecentas persoas. Na Festa do Pan ubicanse stands de seis panaderías ainda que outras colaboran igualmente cedendo produto.

A Festa do Pan de Neda foi declarada de Interese Turístico Galego e celebrará neste 2014 a súa vixésimo sexta edición. O alcalde de Algeciras exercerá este ano como pregoeiro.

Sociedade