ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Auditorio Centro Sociocultural de Negreira acollerá a partir de mañá xoves, 28 de abril, e ata o 14 de maio o II Ciclo de Teatro da localidade. Un evento organizado pola Aula Municipal de Teatro, dependente do consistorio negreirés, e que ademais será a gran protagonista do programa escénico no que estreará tres montaxes: Vida e obra de Xan dos Bolos Crus, que porá en escena o al
Mañá xoves o II Ciclo de Teatro de Negreira arrinca cun espectáculo infantil, Ringo e Rango, a cargo da compañía Pistacatro. O sábado, 30 de abril, e o domingo, 1 de maio, será a quenda da anfitrioa. A Escola Municipal de Teatro de Negreira estreará Vida e obra de Xan dos Bolos Crus, un espectáculo interpretado polos alumnos adultos e recomendado para maiores de sete anos.
Na seguinte fin de semana, o venres 6 a compañía Malasombra levará a enriba das táboas a obra Go on! Ao día seguinte, o sábado 7, será a quenda dos alumnos de Educación Infantil e Primaria da escola teatral negreiresa con Mimitízate; e dos da E.S.O con Historias de trincheras.
Para rematar o II Ciclo de Teatro de Negreira visitarán a vila a Escola Municipal de Teatro de Santa Comba o venres 13 con Mulleres e a de Ames o sábado 14 con Atraso.