A nena que soña con ser actriz

A nena que soña con ser actriz

02 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O CMI Unidade de Fene abrirá con teatro a súa semana das Letras Galegas. O xoves 15 de maio, ás oito da tarde, a Escola de Teatro Xosemaría Pérez Parallé representa “Dina, a nena que soña con ser actriz” , adaptación da obra dun autor andaluz, e dirixidos por Carlos Basoa.

Son 14 as actrices e 1 actor, os que se subirán ao escenario o xoves 15 de maio para representar esta peza da que nos falou o director, Carlos Basoa e algunha das actrices da escola.

Poucos ensaios quedan antes da estrea. Esta mañá asistiron a un dos últimos ensaios xerais. O xoves 15 de maio ás 20h será a proba definitiva.

Sociedade