ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Fene conmemora o 8M cunha xornada baixo o lema “Nin princesas, nin escravas” Entre as actividades programadas pola área de Igualdade do Concello inclúese un programa de radio en directo a través de Radio Fene no que participarán mulleres fenesas de diversos ámbitos.
A área de igualdade do Concello de Fene ten todo a punto para a conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller. Unha xornada reivindicativa que contará cunha variada programación de actividades que se desenvolverán o propio 8 de marzo. Comezará cun programa en directo que reunirá mulleres de Fene de distintos colectivos desde ás 11h no Salón de Plenos, e que será aberto ao público. Ao remate, lerase un manifesto e haberá unha batukada feminista, previa á inauguración do espazo “Sementando Igualdade”, situado ao carón da Casa do Concello. Poderá seguirse nno 107.7 da Frecuencia Modulada e na web https://www.radiofusion.gal O Concello de Fene tamén ten previsto inaugurar na mañá do 8 de marzo o “Mural pola Igualdade”, unha obra do artista Ito Mosquera, nas inmediacións do Museo do Humor. Ademais, as persoas que acudan á Casa do Concello, poderán facerse fotos no photocall situado na entrada, que contará coas frases da campaña “Nin escravas, nin princesas” e “Sementando Igualdade”. Alén de todas as actividades, a campaña do Concello de Fene tamén será visible na rúa. Tanto a Casa do Concello, como as dependencias de Servizos Sociais e os centros educativos do municipio, lucirán lazos de globos de grandes dimensións, para lembrar o Día da Muller.
“As mulleres de Fene deben ser as protagonistas desta xornada na que queremos reivindicar e visibilizar o papel das mulleres do noso concello en diferentes ámbitos”, manifestou Sandra Permui, concelleira de Igualdade, quen tamén fai un chamamento á sociedade local a “seguir sumando esforzos para o desenvolvemento de políticas encamiñadas a fomentar o empoderamento da muller e a educación en igualdade”.
Publica o teu comentario agora